Construíndo xuntos o futuro da galeguidade nos Estados Unidos
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos responsables das entidades galegas de Nova York e Newark para falar da situación actual da colectividade e mirar cara ao futuro.
Foi unha xuntanza próxima e moi positiva, na que se puxo en valor o enorme traballo que realizan estas entidades para manter viva a lingua, a cultura e as tradicións galegas, así como a importancia de colaborar entre elas e garantir o relevo xeracional.